Monday 06 de May de 2024

A Lonxa Vella acollerá a instalación ‘Nit Mediterrània’ de Ángel Zabala


· A inauguración terá lugar este sábado, 2 de outubro, ás 12 horas.

· A peza poderá verse desde o exterior e invita a reflexionar sobre o drama da emigración ilegal e as duras viaxes que realizan as persoas ao atravesar o mar.

Este sábado, 2 de outubro, ás 12 horas, a Lonxa Vella de Camariñas acollerá a inauguración da instalación ‘Nit Mediterrània’, do artista pitiuso Ángel Zabala que estará exposta indefinidamente no interior do edificio, que pronto será rehabilitado para albergar o futuro do museo dos naufraxios, e que poderá verse só desde o exterior a través dun cristal instalado previamente.

No acto inaugural participará o propio artista, a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro, o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, e o comisario, Antoni Torres.

Esta instalación, formada unicamente dunha peza, invita a reflexionar sobre o drama da emigración ilegal e as duras condicións da viaxe que realizan milleiros de persoas ao atravesar o mar en busca dunha vida mellor. Camariñas é unha terra de naufraxios e, con esta mostra, busca darlle visibilidade a esta situación presentando a obra dun artista de gran potencia visual e compromiso social.